Angry Birds Rio venderase na Amazon Appstore
luns, 14 de marzo do 2011
O xogo Angry Birds Rio non vai destacar só por mesturar a
promoción dunha pelÃcula de 20th Century Fox co éxito dun xogo para
plataformas móbiles de Rovio, senón que este tÃtulo que terá inicialmente
45 niveis ampliables mediante actualizacións (coma vén a ser habitual nesta
franquÃa) e anunciado
para o vindeiro dÃa 22, sorprende porque a súa versión para Android non
será dispoñible no habitual Android Market (onde superou os 100 millóns de
descargas coas 2 entregas actuais), senón que lanzarase en
exclusiva a través a Amazon Appstore, tenda de descargas que espera
conseguir asà certa relevancia.
Os interesados en facer un seguimento da Amazon Appstore e coñecer asà o
momento no que bote a andar esta nova tenda de aplicacións poden seguila a través de Twitter ou Facebook. As versións para iPhone, iPod Touch e iPad continuarán a estar dispoñibles a través da App Store de Apple.
Trailer de Angry Birds Rio con imaxes do xogo