Angry Birds Space estrea versión para Windows Phone 8

mércores, 7 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Angry Birds Space correndo nun HTC Windows Phone 8X

A franquía de Angry Birds vai medrar mañá co lanzamento de Angry Birds: Star Wars, título que está anunciado para multitude de plataformas, pois se por algo se caracterizan os paxaros anoxados de Rovio e pola súa omnipresencia, pero aínda hai un sistema operativo móbil na que a súa penetración era moi pequena, o que están en vías de solucionar. Así, aínda que o Angry Birds orixinal pode descargarse dende hai tempo para Windows Phone 7.x, o resto de entregas parecían ausentes dos móbiles de Microsoft ata onte, cando estreouse Angry Birds Space para Windows Phone 8, xogo que pode adquirirse por 0,99 euros, e que parece un anticipo do que da aposta dos creadores de xogos por esta nova plataforma móbil.
De feito, para Windows Phone 7.5 ou superior Nokia xa ten a aplicación Angry Birds Roost, que é exclusiva para os móbiles Nokia Lumia, e que permite estar ao día das novas sobre a franquía de Rovio, o que indicaría certo compromiso de Rovio con Windows Phone, que é de agardar que se traduza no lanzamento dos vindeiros xogos da compañía para estes móbiles que pretenden acadar certo pulo de cara á campaña de Nadal grazas ao lanzamento conxunto de Windows 8 e Windows Phone 8.


Trailer de Angry Birds: Star Wars, xogo que mañá comezará o seu lanzamento multi-plataforma

PUBLICIDADE