Angry Birds: Star Wars déixase ver en vÃdeo
martes, 30 de outubro do 2012
Rovio lanzará o vindeiro 8 de novembro o xogo Angry Birds: Star Wars, que vén de
deixarse ver nun vÃdeo
promocional que amosaron a través de Tumblr, e que acompañando a unha
simpática animación dos paxaros anoxados que representan a Luke Skywalker e á
princesa Leia amosa escenas do xogo en acción co paxaro Skywalker empregando a
súa espada de luz para destruÃr as construcións dos porcos verdes ou á versión
de Leia disparando a un AT-AT.
Unha interesante actualización das mecánicas de
xogo de Angry Birds que continúa a
ampliar o número de plataformas nas que estará dispoñible e, aparte de iOS,
Android (sen esquecer o Kindle Fire), Windows e OS X tamén estará dispoñible en
Windows Phone 8.
Haberá que agardar ao 8 de novembro para poder adquirir o novo xogo de Rovio, e
durante a espera é posible que vaian desvelando os poderes que presentarán o resto de paxaros rebeldes que loitarán
contra o Imperio dos porcos verdes nunha galaxia moi, moi afastada.
Novo trailer de Angry Birds: Star Wars
- O xogo chegará a dispositivos móbiles o 8 de novembro
- Neste xogo de Rovio os paxaros anoxados aparecen caracterizados como personaxes das pelÃculas clásicas de Star Wars