Angry Birds: Star Wars estréase con Forza
xoves, 8 de novembro do 2012
Hoxe é un dÃa moi especial para os seguidores das aventuras
dos Angry Birds que gusten da
franquÃa cinematográfica máis galáctica creada por George Lucas, xa que por fin
está dispoñible para a súa compra o xogo Angry
Birds: Star Wars, que é o meirande lanzamento dun xogo de Angry Birds que se fixo ata o momento,
posto que este novo tÃtulo non só é o que inclúe máis niveis e máis variados
(mesturando mecánicas de todas as entregas anteriores), senón que tamén é o que
se estrea á vez en máis plataformas. Deste xeito, podemos descargar tanto a versión
de balde para móbiles con Android, como mercar unha versión
HD sen publicidade por 2,69 euros; o resto de versións de pagamento serÃan para
iPhone por 0,89 euros, para
iPad por 2,69 euros, para
PC por 4,95 dólares,
para Windows 8 por 3,99 euros, para
OS X por 4,49 euros e, moi especialmente, para
Windows Phone 8 por 0,99 euros (pois serÃa a primeira vez que un xogo de Angry Birds sae para o sistema operativo
móbil de Microsoft á vez que para iOS e Android).
- Algúns dos niveis do xogo toman a mecánica de Angry Birds Space
Esta aventura non decepcionará aos habituados aos paxaros anoxados de Rovio,
ofrecendo inicialmente máis de 80 niveis repartidos entre Tatooine, a Estrela
da Morte, ás que se sumarán en breve niveis ambientados en Hoth. Tamén é
posible acceder a niveis segredos e mesmo desbloquear (pagando) outro planeta completo con
40 niveis baixo o tÃtulo Path of the Jedi.
No xogo poderemos empregar a paxaros caracterizados dos personaxes de Star Wars, e que empregan distintos
poderes para superar as distintas fases, garantindo variedade e diversión
mentres derrotamos aos porcos verdes que representan ao Imperio, chegando
incluso a reflexar algúns momentos dos filmes da triloxÃa cinematográfica orixinal,
o que pode debuxar un sorriso nos seareiros da saga.
Trailer do xogo
- No xogo empregamos aos personaxes protagonistas de Star Wars nunha curiosa versión con plumas