Angry Birds estréase en Facebook con 120 niveis de balde

luns, 13 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Tras a súa adaptación ao navegador web Chrome e a Google+, o xogo Angry Birds de Rovio, estréase en Facebook como unha aplicación que aproveita os elementos sociais da plataforma creada por Mark Zuckerberg para animar aos xogadores a competir por ver quen acada as mellores puntuacións nos distintos niveis que ofrece de balde este título que chega un día antes do esperado. Esta nova entrega do incombustible Angry Birds pode xogarse a pantalla completa, conta cunha tenda de axudas para superar os niveis máis complicados (que incluso pódense remitir como agasallo aos amigos) e parte cun repertorio de nivel realmente amplo: 63 niveis Poached Eggs, 42 niveis Mighty Hoax e 15 niveis Surf and Turf, estes últimos exclusivos de Facebook.
O lanzamento de Angry Birds para Facebook estaba programado para este martes, Día de San Valentín, entre as 18:00 e as 21:00 horas, o que coincidiría con actividades no mundo real en cidades como Jakarta, Bangkok e Mumbai.

Esta versión de Angry Birds tamén funciona a pantalla completa para unha mellor experiencia de xogo

PUBLICIDADE