Animal Crossing: Pocket Camp pechará os seus servidores
xoves, 22 de agosto do 2024
En 2017 Nintendo lanzou o xogo Animal Crossing: Pocket Camp para iOS e Android, como un título de balde con compras dentro da aplicación e, aínda que non se convertese nun fenómeno de masas, conseguiu acumular millóns de descargas e manter até hoxe a moitos xogadores comprometidos co título, que agora vénse sorprendidos co anuncio do seu fin de servizo en liña.
Nintendo prevé pechar os servidores de Animal Crossing: Pocket Camp o vindeiro 28 de novembro, o que alarmou a moitos xogadores que temían que os seus progresos no xogo fosen perderse para sempre, pero Nintendo non os deixará tirados, e anuncian que están a desenvolver unha versión de pagamento do xogo, que permitirá importar os datos gardados nesta versión, de xeito que os usuarios que teñan correctamente ligada a súa conta Nintendo aos datos de gardado poderán continuar a gozar do xogo se deciden adquirir a nova versión que chegará preto do peche da actual aplicación de balde.