Anuncian un novo smartphone BlackBerry con Android 7.0

xoves, 9 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Aínda que TCL Communication levou ao MWC de Barcelona o seu terminal Blackberry KEYone para amosar que tiñan o seu primeiro terminal da marca BlackBerry con teclado QWERTY, a compañía tamén continúa a lanzar smartphones máis tradicionais, e así estrea en Indonesia o novo BlackBerry Aurora, un dispositivo con pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 425, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB), cámaras de 13 e 8 Mpíxeles, dobre microSIM, batería de 3.000 mAh, un grosor de 8,55 milímetros e 178 gramos de peso, con sistema operativo Android 7.0 personalizado por BlackBerry para gozar dunha maior seguridade.
Aínda que aseguran que este dispositivo está deseñado pensando no mercado indonesio, onde xa pode reservarse o terminal por 3.499.000 rupias indonesias (248,54 euros), non sería sorprendente velo noutros mercados como un dispositivo económico da marca BlackBerry (aínda que probablemente prescindirían da dobre SIM para facilitar a súa distribución a través de operadoras de telecomunicacións).

O novo teléfono estará dispoñible en varias cores

PUBLICIDADE