Apple Intelligence chegará amodo ao público
luns, 17 de xuño do 2024
Os xigantes tecnolóxicos levan meses apostando todo á baza da intelixencia artificial, pero están a elevar demasiado o listón, de xeito que están a facer promesas que non son realistas, e pouco despois das súas grandes presentacións xa chegan informacións que apuntan a importantes adiamentos na chegada das prestacións anunciadas.
Por unha banda temos que Microsoft retirou indefinidamente a función Recordar de Windows, que terÃa que estrearse esta semana nos novos Copilot+ PC, á vez que tamén confirman que polo momento Copilot chega desactivado para os equipos europeos, polo que a data na que poderemos probar en España o que promete a compañÃa de Redmond é todo un misterio.
No caso de Apple a cousa non é moi diferente, pois aÃnda que cando presentaron Apple Intelligence xa deixaban claro que esta tecnoloxÃa aÃnda botarÃa a andar en probas en outubro en inglés de EE.UU., deixando o seu espallamento internacional até 2025, dende Bloomberg están a adiantar que a chegada das novas funcións de IA aos dispositivos de Apple será moito máis lenta do que se espera.
O feito de que no verán os desenvolvedores non poidan acceder ningunha das funcións de Apple Intelligence mentres probas nas novas versións dos sistemas operativos de teléfonos, tabletas e ordenadores xa deixa entrever que a tecnoloxÃa está bastante verde. Pero durante o transcurso da WWDC a propia Apple foi dando detalles sobre o calendario de Apple Intelligence, e resulta que boa parte das caracterÃsticas anunciadas non estarán dispoñibles ao longo de 2024 nin sequera nos EE.UU.
A lentitude de Apple atende a múltiples factores: por unha banda está o feito de que queren probar todo o máximo tempo posible para evitar problemas serios que poidan danar a reputación da compañÃa, e por outra banda tempos que precisan bastantes meses para adestrar os seus modelos de IA e tamén para escalar a súa infraestrutura na nube.
As funcionalidades que requirirÃan máis tempo para estar listas serÃan a relativas a Siri, iso preténdese que o asistente realice buscas semánticas sobre os contidos no dispositivo, controle numerosas aplicacións e sexa consciente do contexto, sendo incluso capaz de entender o que está a facer o usuario a cada momento para responder en consecuencia, e todo iso precisa de bastante tempo de desenvolvemento e probas, polo que as estimacións apuntan a que as probas da Siri mellorada aÃnda comezarán en 2025, de aà que a súa expansión internacional poida tardar moito (lembremos que Siri orixinalmente tamén tardou preto dun ano en incorporar o español como lingua).
En termos xerais podemos entender que as últimas novidades relativas á IA que están a prometer compañÃas como Microsoft e Apple aÃnda están a medio cociñar, e para poder velas convertidas nunha realidade en Europa teremos que ser bastante pacientes.