Apple deixará de vender o HomePod orixinal
venres, 12 de marzo do 2021
En
2017 Apple anunciou a súa intención de competir con compañÃas como Amazon no
mercado dos altofalantes conectados cun dispositivo chamado HomePod que chegou
a España en outubro de 2018 a un prezo de 349 euros, polo que era unha
proposta bastante diferente ao que estamos afeitos, xa que o asistente de voz
de Apple é moi inferior ao da competencia e o produto é moito máis caro, de aÃ
que non sorprendese que as
vendas non fosen tan boas como podÃa esperarse. Que Apple achegase AirPlay
2 a moitos outros dispositivos seguro que tampouco axudou á popularización do
HomePod, pero o feito de que a súa versión en miniatura, o HomePod
mini, que chegou ao mercado por 99 euros, demostrou que o problema do
produto orixinal era o prezo, xa que este trebello compacto, moito máis na liña
dos Amazon Echo, conseguiu unhas vendas magnÃficas na campaña de Nadal.
O que si é unha sorpresa é que dende TechCrunch adiante que o
HomePod orixinal vai deixar de fabricarse, xa que Apple prefire centrarse
no HomePod mini, por ser un produto moito mellor recibido, xa que a calidade sonora
do HomePod non parece compensar o seu prezo, especialmente porque a intención
deste tipo de produtos é a súa instalación en varios lugares do fogar, polo que
o investimento a realizar dispárase.
Aseguran que os HomePod orixinais manteranse no mercado só mentres duren as
existencias, quedando no aire a posibilidade de que presenten novas versións, pois
ofrecer distintos modelos de altofalante continúa a ter sentido.