Apple poderÃa ser a primeira compañÃa sancionada por incumprir a Lei de Mercados Dixitais
venres, 14 de xuño do 2024
Hai uns meses a Comisión Europea impuxo a Apple unha sanción por valor de 1.840 millóns de euros por abuso de posición dominante, deixando claro que coa entrada en vigor das novas leis europeas de que afectarÃan á compañÃa de Cupertino (a Lei de Servizos Dixitais e a Lei de Mercados Dixitais) terÃan que tomarse en serio, o que levou a Apple a permitir a instalación de aplicacións en iOS dende fóra da App Store e outras medidas que non parecen satisfacer aos reguladores europeos, que xa anunciaran que estaban a investigar a Apple, e segundo o Financial Times, estarÃan a piques de impor unha multa a Apple por non cumprir coa Lei de Mercados Dixitais (DMA).
Apple converterÃase na primeira compañÃa multada por non cumprir coa DMA, agardándose o anuncio da sanción "nas próximas semanas".
Cómpre lembrar que Apple anunciou numerosas medidas para cumprir coa DMA que no seu momento recibÃronse como unha auténtica tomadura de pelo, especialmente dende o punto de vista dos desenvolvedores de aplicacións, pois propoñÃan un novo escenario que apenas incluÃa cambios reais para eles, xa que para publicar dende fóra da App Store tiñan que someterse a novas taxas e novos procedementos que incrementaban a burocracia e incluso poderÃan resultar nunha ruÃna económica, de aà que a Unión Europea considere que Apple non fixo dabondo. A multa poderÃa ser de até o 5% da facturación diaria mundial media de Apple, o que actualmente equivale a máis de 1.000 millóns de dólares, aÃnda que estariamos aÃnda lonxe da materialización da sanción, xa que é bastante probable que as conclusións preliminares da Comisión Europea permitan que Apple corrixa a súa actitude para evitar a multa.
Dende Apple insisten en que non vulneran a lexislación europea, aÃnda que de ser asà estariamos a falar dun cumprimento malicioso, que buscarÃa adaptarse á literalidade da Lei, pero non ao seu fondo, como cando se resistiron á implantación do porto USB-C nos smartphones (obrigando aos lexisladores a renovar a normativa para deixar claro que non aceptaban os subterfuxios empregados pola compañÃa da mazá).