Arranca na Coruña a 7ª edición do Congreso Español de Informática (CEDI)
luns, 17 de xuño do 2024
Este luns 17 de xuño e até o 21 deste mes, a Facultade de Informática da UDC e o Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña acollen o VII edición do Congreso Español de Informática (CEDI), unha reunión cientÃfica nacional importante dentro do eido da informática. Trátase dun foro ao que asistirán 1.100 profesionais para promover sinerxÃas de investigación, institucionais e empresariais.
O CEDI está formado por un conxunto de congresos que se levan a cabo anualmente de xeito independente e que cada catro anos se celebran conxuntamente nunha mesma localización baixo a denominación de CEDI. O comité organizador está presidido por MarÃa Nieves RodrÃguez Brisaboa e Juan Touriño DomÃnguez, investigadores do CITIC e docentes da UDC, por encargo da Sociedade CientÃfica Informática de España (SCIE) que, entre outros labores, encárgase de dar continuidade ao CEDI e de outorgar os Premios Nacionais de Informática.
Cómpre engadir que o CEDI súmase ao proxecto estratéxico da Cidade das TIC e á recente designación da Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) para situar, á cidade en particular e a Galicia en xeral, como referencia a nivel nacional e internacional no ámbito TIC.
Ao abeiro deste encontro, terá lugar tamén a edición número 33 do Congreso Español de Informática Gráfica (CEIG’24), que se celebrará desde hoxe (luns 17 de xuño) até o 19 de xuño. Este encontro está organizado pola Sección Española de Eurographics (EGSE) co apoio do CEDI e de entidades como Adobe, SIE, Vicomtech e Deep Design Systems S.L., amais do apoio institucional do CITIC, a propia Universidade da Coruña e a Facultade de Informática.
Indo ás actividades que se desenvolverán, salientan dúas conferencias convidadas: a de Ana Serrano (Universidade de Zaragoza) que ofrecerá unha charla titulada Estudo e modelado do comportamento e a atención dos usuarios en contornas inmersivas; hoxe, luns 17 de xuño ás 11:30 horas, na aula 2.9 da Facultade de Informática. Jacopo Pantaleoni, ex-Nvidia e autor do recente libro The Quickest Revolution; presentará a súa charla A Pixelated Revolution: on the Past, Present, and Future of Visual Computing; o martes 18 de xuño ás 12 horas, no Salón de Actos da Facultade de Informática. Pantaleoni desenvolveu tecnoloxÃa clave para a realización da pelÃcula Avatar, de James Cameron.
Sinalar que este ano, o congreso estará presidido polo investigador José A. Iglesias Guitián, (membro do CITIC e do Departamento de Ciencias da Computación e TecnoloxÃas da Información da UDC), formando parte do equipo da organización local: Emilio J. Padrón, Bea Blanco e Manu Silva. O comité do programa está dirixido por Julio Marco (Universidade de Zaragoza) e Gustavo Patow (Universitat de Xirona).