Arteixo Telecom lanza o primeiro módem PLC ultra-rápido desenvolvido en España
martes, 22 de decembro do 2009
Dende agora,
acceder a servizos de Internet, televisión, música, xogos ou outros servizos de
entretenemento dende calquera punto do fogar ou da oficina sen ter que andar a
tropezar con molestos cables e a unha velocidade nada desprezable de ata 1
xigabit por segunto (Xbps) xa é posible grazas ao último módem desenvolvido e
presentado pola galega Arteixo Telecom.
Trátase do módem
PLC ultra-rápido, unha ferramenta que supera amplamente a velocidade de conexión
de solucións similares dispoñibles ata o momento no mercado e do primeiro
destas características que se desenvolve e fabrica integramente en España.
Este
dispositivo, que segundo indican os seus responsables “foi concibido para cubrir as esixencias da vindeira xeración de redes
multimedia domésticas”, emprega a tecnoloxía PLC, que aproveita a rede
eléctrica para convertela nunha liña dixital de alta velocidade para a
transmisión de datos.
O módem PLC
permite, entre outras cousas, conectar televisións, reprodutores ou gravadores
de DVD, consolas de xogo... así como distribuir servizos de televisión dixital
en alta definición ou asociarse a unha rede Wi-fi calquera.
Segundo palabras
de Rafael Valcarce, presidente e director xeral de Arteixo Telecom, este
lanzamento “ratifica a aposta da compañía
pola innovación e impulsa a súa decisión de pensar en termos globais”.
Outras
características a destacar deste trebello, que cumple coa regulación global de
EMC, son que é compatible co Homeplg AV así como co estándar DNLA, o que
permite empregalo con dispositivos UPnP.
O módem permite
a conectividade con ata 8 dispositivos á vez.