Artigos desta sección
Un operador de videoxogos chinés, xulgado por permitir copias pirata en liña
O meirande operador de videoxogos en liña chinés, unha filial de Shanda Online Interactive, está a ser xulgado por permitir o emprego de copias pirata de seis populares xogos na súa páxina web. En concreto, o Counter Strike, o Warcraft III, o Warcraft III: Frozen Throne, o Starcraft, o Diablo 2 e o Diablo 2: Lord of destruction foron empregados para xogar en (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máisFíos de aparellos electrónicos, convertidos en deseño
A tecnoloxía, definida por un neno de poucos anos, ben podería ser algo así: cousas que hai pola casa que fan ruído, que escintilan e que teñen moitos fíos nos que teño prohibido fedellar. Dito doutro xeito, que os fíos semella que non hai quen nolos quite de en medio. Perante unha realidade tan adversa, o enxeño (e a resignación) está a dar certos froitos (...)
Ler máisEbay prohibe a venda de personaxes virtuais de xogos
Unha das principais características de EBay (e probablemente a súa gran baza) é o seu compoñente de gran casa de poxas friki como refuxio para desesperados en liña. É dicir: calquera persoa que procure hoxe en día un artigo calquera que xa non se fabrica e que xa ten gastados os cotelos de tanto chamar nas portas, pode estar dalgún xeito tranquila: anda por aí (...)
Ler máisGTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado
O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. (...)
Ler máisVision Board II: teclado para persoas con problemas de visión
Este teclado que presentamos é ideal para facilitarlle un pouco a vida a todos aqueles usuarios das redes da información que levan anos loitando con todo tipo de empresas, institucións e particulares para acadar un mundo no que non haxa que traballar ou navegar a dous centímetros da pantalla, co nariz apegado. Ben: o aparello, que ten teclas de 2,5 (...)
Ler máisA nova aventura de Sherlock Holmes chega a España con feitura de videoxogo.
Despois de vender 500.000 exemplares en todo o mundo, a nova odisea de Sherlock Holmes e o seu inseparable doutor Watson chega a España da man de FX Interactive. Nesta ocasión, a trama da aventura gráfica convida ós xogadores a facer unha viaxe por todo o mundo (na pel dos detectives) coa fin de desenmascarar á poderosa secta que rende culto ó deus Cthulhu, (...)
Ler máisO blog Tú también eres rar@ convoca un concurso de videoxogos
Nae, do blog Tú también eres rar@ quere darlle unha oportunidade ós inconformistas que non atopan as emocións que buscan nos vídeo xogos actuais e que pretenden desenvolver as súas propias actividades de culto coas que perder os longos seráns de inverno na casa. Con este fin, a comezos de xaneiro convocou a primeira edición dun concurso de creación de (...)
Ler máisA Wii xéralle a Nintendo ingresos espectaculares
Na casa Nintendo deben estar hoxe por hoxe nunha festa continua. A súa consola Wii non só está en boca de todos os seareiros dos videoxogos, senón que estes fan todo o posible por levala para a súa casa, aínda que cheguen a poñer en perigo a súa integridade física. Case se podería falar dunha febre da Wii, e isto –máis tarde ou máis cedo- ía reflectirse nas (...)
Ler máisA PlayStation 3 xa ten data de aterraxe en Europa
A nova PlayStation 3, que causou gran entusiasmo na súa presentación e que dende entón está a ser agardada como auga de maio por milleiros de persoas en Europa, xa ten por fin, despois dun longo proceso de dúbidas e retrasos, data de chegada ó continente: será o 23 de marzo e venderase a un prezo inicial de 599 euros. Iso si: malia que nun principio falábase (...)
Ler máis0 | ... | 12110 | 12120 | 12130 | 12140 | 12150 | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | ... | 12280