Artigos desta sección
Música para quitármonos un peso de enriba
Non temos nin a máis remota idea de onde os xaponeses obteñen tanta capacidade de enxeño e de inventiva; tampouco onde agochan a súa fonte de inspiración (máis cotizada hoxe en día cá mesmísima fonte da eterna xuventude), pero o caso é que o inventor deste cagadeiro, un empregado da compañía Toto (coñecida por facer “inodoros tecnolóxicos”), debe pasar tempo abondo (...)
Ler máisUn operador de videoxogos chinés, xulgado por permitir copias pirata en liña
O meirande operador de videoxogos en liña chinés, unha filial de Shanda Online Interactive, está a ser xulgado por permitir o emprego de copias pirata de seis populares xogos na súa páxina web. En concreto, o Counter Strike, o Warcraft III, o Warcraft III: Frozen Throne, o Starcraft, o Diablo 2 e o Diablo 2: Lord of destruction foron empregados para xogar en (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máisFíos de aparellos electrónicos, convertidos en deseño
A tecnoloxía, definida por un neno de poucos anos, ben podería ser algo así: cousas que hai pola casa que fan ruído, que escintilan e que teñen moitos fíos nos que teño prohibido fedellar. Dito doutro xeito, que os fíos semella que non hai quen nolos quite de en medio. Perante unha realidade tan adversa, o enxeño (e a resignación) está a dar certos froitos (...)
Ler máisEbay prohibe a venda de personaxes virtuais de xogos
Unha das principais características de EBay (e probablemente a súa gran baza) é o seu compoñente de gran casa de poxas friki como refuxio para desesperados en liña. É dicir: calquera persoa que procure hoxe en día un artigo calquera que xa non se fabrica e que xa ten gastados os cotelos de tanto chamar nas portas, pode estar dalgún xeito tranquila: anda por aí (...)
Ler máisGTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado
O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. (...)
Ler máisVision Board II: teclado para persoas con problemas de visión
Este teclado que presentamos é ideal para facilitarlle un pouco a vida a todos aqueles usuarios das redes da información que levan anos loitando con todo tipo de empresas, institucións e particulares para acadar un mundo no que non haxa que traballar ou navegar a dous centímetros da pantalla, co nariz apegado. Ben: o aparello, que ten teclas de 2,5 (...)
Ler máisA nova aventura de Sherlock Holmes chega a España con feitura de videoxogo.
Despois de vender 500.000 exemplares en todo o mundo, a nova odisea de Sherlock Holmes e o seu inseparable doutor Watson chega a España da man de FX Interactive. Nesta ocasión, a trama da aventura gráfica convida ós xogadores a facer unha viaxe por todo o mundo (na pel dos detectives) coa fin de desenmascarar á poderosa secta que rende culto ó deus Cthulhu, (...)
Ler máisO blog Tú también eres rar@ convoca un concurso de videoxogos
Nae, do blog Tú también eres rar@ quere darlle unha oportunidade ós inconformistas que non atopan as emocións que buscan nos vídeo xogos actuais e que pretenden desenvolver as súas propias actividades de culto coas que perder os longos seráns de inverno na casa. Con este fin, a comezos de xaneiro convocou a primeira edición dun concurso de creación de (...)
Ler máisA Wii xéralle a Nintendo ingresos espectaculares
Na casa Nintendo deben estar hoxe por hoxe nunha festa continua. A súa consola Wii non só está en boca de todos os seareiros dos videoxogos, senón que estes fan todo o posible por levala para a súa casa, aínda que cheguen a poñer en perigo a súa integridade física. Case se podería falar dunha febre da Wii, e isto –máis tarde ou máis cedo- ía reflectirse nas (...)
Ler máis0 | ... | 12140 | 12150 | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | 12200 | 12210 | 12220 | ... | 12310