Artigos desta sección
A nova película de Pixar adaptarase a múltiples plataformas de xogo
No verán chegará aos cines a nova película de Pixar, Wall·E, que está protagonizada por un pequeño robot que se encarga de limpar un planeta Terra abandonado polos seus habitantes ata que se atopa coa robot Eva, da que se namora, dando comezo a toda unha aventura que tamén continuará nas consolas de videoxogos, pois están a preparar unha adaptación para Xbox (...)
Ler máisO HP 2133 Mini-Note PC incorpórase á familia de ultraportátiles de baixo custo
Confirmando aos ultraportátiles de baixo custo coma os produtos do ano HP presenta o seu Mini-Note, de xeito que non só fabricantes coma Asus ou Airis apostan por esta liña de produtos con tanto potencial. O HP 2133 Mini-Note PC xa se pode encargar, aínda que non estará no mercado ata o vindeiro día 30, e ten uns prezos de entre 499 e 849 dólares segundo a (...)
Ler máisRock Band para Xbox 360 chegará a Europa en maio
O 23 de maio chegará ás tendas europeas o agardado xogo Rock Band para Xbox 360, demorándose ata o verán as versións para Nintendo Wii e PlayStation 3; pero non só as demoras na súa chegada están a ser polémicas, senón tamén o seu prezo, que é moi superior ao da versión norteamericana. A edición Rock Band Instrument (con batería, guitarra e micrófono) custará (...)
Ler máisAdaptador WiMAX para Express Card de Siemens
A tecnoloxía de comunicacións sen fíos WiMAX (IEEE 802.16) está as portas de moitos mercados, polo que Siemens vén de presentar a súa tarxeta Express Card para conectarse a este típo de redes dende ordenadores portátiles. A Siemens Gigaset SE68 WiMAX permite establecer conexións a velocidades de ata 20 Mbps e funciona nas bandas de 2,5 e 3,5 GHz, estando (...)
Ler máisTrackMania Nations Forever poderase descargar de balde a partir do 16 de abril
A saga de xogos para PC TrackMania, non só está a preparar o seu salto á Nintendo DS, senón que a partir do 16 de abril contará cunha nova entrega descargable de balde a través da Internet, seguindo a estela de TrackMania Nations (que tamén era gratuíto, se instalou 30 millóns de veces e conta cuns 4 millóns de xogadores en liña). TrackMania Nations Forever é (...)
Ler máisA Nintendo DS terá o seu Gauntlet en xuño
Gauntlet, o xogo arcade de Atari que chegou ao mercado en 1985 e que contou con conversións a case todas as plataformas de xogo dende aquela (dende a NES ata para móbiles) chegará agora á Nintendo DS grazas a Eidos. Esta última adaptación precisa do uso da consola a modo libro (ou sexa, coas dúas pantallas en vertical) e tirará proveito dos modos multixogador (...)
Ler máisAiris introduce os portátiles de baixo custo en España
Infinity Systems anunciou que vai comezar a comercializar os seus ultraportátiles de baixo o vindeiro día 15, no que aparecerán os Airis Kira de cor negra e amarela/negra, mentres que os modelos en cor branca e rosa/branca se demorarán ata un mes despois. Os novos Kira teñen pantallas de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador VIA (...)
Ler máisWireless Laser Mouse 6000 para portátiles e ordenadores de sobremesa
Microsoft vén de lanzar en España o novo Wireless Laser Mouse 6000, un novo membro da “familia” de ratos sen fíos da compañía que pode satisfacer por igual tanto aos usuarios de portátil como de computadores de sobremesa. O desenvolvemento deste rato xurde da necesidade de resolver os problemas que se lles presentan aos usuarios de portátiles á hora de combinar (...)
Ler máisPort Designs presenta a súa gama de accesorios ergonómicos para portátiles
Se xa de por si o emprego cotián do ordenador de sobremesa nos viña causando unha serie de doenzas tales como dores de costas, vista cansa, dores de pescozo, falta de circulación e incluso o coñecido como síndrome do túnel metacarpiano (un mal na man causado por repetidas tensións que inflaman os tecidos do redor do nervio… falando en prata, por exceso do uso (...)
Ler máisSam & Max terán novo xogo para PC e Nintendo Wii
Telltale Games anunciou que Sam & Max Season 1 contará con versión para Nintendo Wii en outono, de xeito que achegarán ao can e ao coello detectivescos a novas audiencias e plataformas. Antes da chegada deste título para Wii o poderemos ver na súa versión para PC o vindeiro mes de maio, achegando 6 episodios desta curiosa e divertida saga de (...)
Ler máis0 | ... | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | 12200 | 12210 | 12220 | 12230 | 12240 | ... | 13030