Artigos desta sección
Disco duro Wi-Fi de 1 Tb de capacidade
Para atender a demanda de grande almacenamento para pequenas empresas e fogares, Freecom conta cunha gama de unidades externas moi robustas que incorporan grande conectividade, como o DataTank Gateway WLAN que inclúe dentro da súa resistente carcasa de aluminio 2 discos duros SATA de 500 Gb accesibles a través de USB, FireWire, Ethernet e Wi-Fi, polo que (...)
Ler máisA consola virtual da Wii incorpora xogos de Commodore 64
A consola Nintendo Wii permite na súa consola virtual redescubrir a xogos de vellas plataformas como as antigas consolas domésticas de Nintendo (NES, SNES e N64), a Sega Megadrive, a PC Engine ou as máquinas recreativas baseadas en Neo-Geo, e agora incorpora a esta oferta de xogos ó ordenador de 8 bits Commodore C64. Os primeiros tÃtulos de C64 que chegan á (...)
Ler máisBuffalo aumenta a capacidade dos seus discos duros de peto ata os 500 Gb
Os discos duros externos de 2,5 polgadas están a medrar en capacidade e popularidade, por permitir levar unha cantidade importante de información no peto, e a familia MiniStation TurboUSB de Buffalo con unidades de 127 x 20 x 84 milÃmetros e só 190 gramos de peso vén de incrementar a súa capacidade máxima ata os 500 Gb. O pequeno disco se conecta ó ordenador (...)
Ler máisNinja Gaiden 2 sairá en xuño para Xbox 360
Durante unha presentación na Games Developer Conference, Tomonobu Itagaki de Tecmo anunciou que o xogo Ninja Gaiden 2 sairá o vindeiro 3 de xuño nos EE.UU., pasando a distribuirse no resto do mundo durante o mesmo mes. Os xogadores de Xbox 360 poderán gozar deste excelente xogo, do que Itagaki amosou distintas imaxes e adiantou a caracterÃstica Ninja (...)
Ler máisKojinsha venderá un ordenador ultraportátil por pouco máis de 360 euros
O Asus Eee PC está a crear toda unha febre por introducir no mercado ordenadores ultraportátiles de baixo custo, sendo o último en chegar á familia o Kojinsha E8, que será un equipo de fabricación surcoreana cun procesador AMD Geode LX800, 40 Gb de disco duro, 512 Mbytes de memoria, pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 1.240 x 600 pÃxeles, (...)
Ler máisSuper Smash Bros. Brawl chegará a Europa en xuño
O xogo Super Smash Bros. Brawl, que tanto éxito está a ter no Xapón, farase agardar bastante en Europa, e non sairá ata o vindeiro 6 de xuño, cando se agarda que, cando menos, se comece a vender en Francia. A nova entrega de Mario é xa o primeiro xogo en superar o millón de copias no Xapón e está a converterse nun dos videoxogos máis agardados dos últimos anos, (...)
Ler máisAsus venderá un dispositivo que converte un monitor nun televisor de alta definición
Os monitores informáticos acadan normalmente grandes resolucións comparables ás dos televisores de alta definición, de aà que Asus lance a súa HDTV Suite-HDMI, que é un dispositivo que converte os monitores con porto VGA, DVI ou HDMI en televisores de alta definición. O curioso dispositivo incorpora sintonizador de televisión analóxica, e permite achegar (...)
Ler máisO iPod Shuffle baixa de prezo e incrementa a súa capacidade
Apple anunciou unha rebaixa do prezo do seu pequeno reprodutor iPod Shuffle, que se comezará a vender a só 45 euros. O Shuffle é o iPod máis pequeno e ponible, cun tamaño de 27 milÃmetros de alto, 41 milÃmetros de ancho e tan só 15,5 gramos de peso que revolucionou este tipo de dispositivos co seu formato de pinza. O reprodutor só conta con 1 Gb de capacidade, (...)
Ler máisO novo Alone in the Dark permitirá saltar os momentos máis difÃciles
Nour Polloni, produtor do xogo Alone in the Dark 5, declarou nunha entrevista á revista oficial de Xbox 360 que entre outros logros, o novo tÃtulo incluirá «a posibilidade de saltar seccións, utilizando un menú ó estilo dos dos DVD» de xeito que os usuarios poderán evitar quedar atascados nunha escena moi difÃcil, o que permitirá que calquera xogador poida (...)
Ler máisO Wii Fit chegará a España en abril
Nintendo anunciou que o xogo Wii Fit e a Balance Board (ou Táboa de Equilibrio) chegarán a Europa o vindeiro 25 de abril, mentres que nos EE.UU. deberán agardar ó 19 de maio.
Ler máis0 | ... | 12270 | 12280 | 12290 | 12300 | 12310 | 12320 | 12330 | 12340 | 12350 | ... | 13040