Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Bahía Software optimiza o diagnóstico de pacientes oftalmolóxicos co desenvolvemento do software (...)

        Bahía Software, empresa galega de solucións tecnolóxicas para o sector sanitario, presentou os (...)

        Seresco celebrou o 50 aniversario da súa frutífera relación con Galicia

      • A Xunta destaca o efecto tractor de CONGALSA e o seu papel transformador

        Patricia Argerey (GAIN) cualifica de modélico o proxecto de transformación de CONGALSA e Gradiant

        Quobis Networks consolídase no mercado latinoamericano co apoio de Galicia Avanza

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • 20 anosinformando
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

Artigos desta sección

Samsung estrea novos terminais orientados á reprodución de música

O uso do teléfono móbil coma reprodutor multimedia quere imporse, ou tal temos que entender ó ver que Samsung lanzou 3 novos terminais que soportan a reprodución dos formatos de son máis populares (MP3, AAC, WMA e WMDRM). Os novos modelos son o SGH-i450 (que conta con dobre teclado deslizante e unha roda táctil de navegación musical), o SGH-F210 (que ten un (...)

Ler máis

Confirman a prohibición do xogo Manhunt 2 no Reino Unido

Os reguladores británicos emitiron esta semana un novo informe denegando a cualificación por idade do xogo Manhunt 2, pese a que se presentou nunha versión suavizada que si pasou os filtros correspondentes nos EE.UU., onde se considerou que era un xogo para maiores de idade. A British Board of Film Clasification determinou que os cambios no xogo non eran (...)

Ler máis

O Wii Fit chegará ó Xapón en decembro

Nintendo presentou na pasada edición do E3 a plataforma Wii Fit, que permitiría incrementar as posibilidades da súa consola doméstica levando a súa interacción a un nivel inédito, e agora xa se coñece e súa data de lanzamento no Xapón, que será o 1 de decembro ó prezo de 8.800 iens (uns 53 euros) e consiste nunha especie de felpudo sensible á presión (que a moitos (...)

Ler máis

Airis lanza unha videocámara que rexistra en formato MPEG4

Nestes tempos en que devecemos por rexistrar todo o rexistrado e contamos os minutos até cae nas nosas mans algunha víctima á que amosarlle a nosa colección de fotografías e vídeos dixitais da viaxe de vodas a Punta Cana, a industria fai todo o posible por facilitar o camiño. Por unha banda permítenos rexistralo todo máis e mellor e, pola outra, incrementa a (...)

Ler máis

Coñécense máis detalles dos GPS de Blusens

Nos últimos días o anuncio de Blusens de incorporar ó seu catálogo un dispositivo que combinaba a reprodución multimedia coa localización GPS con imaxe real resultou moi rechamante, e finalmente puidemos coñecer a súa aparencia externa e as súas característica detalladas. Coñecemos así que o Blusens G.01 conta cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas, un disco (...)

Ler máis

O Samsung 245T permite repartir a pantalla entre dúas fontes de vídeo

A incorporación de imaxes de varias fontes de vídeo (Picture-in-Picture) é unha característica habitual en moitos televisores de alta gama, pero Samsung pensou en incorporala ó seu monitor 245T, de xeito que permite empregar unha composición en pantalla partida (split-screen) valéndose da súa alta definición. Así, é posible dividir a imaxe en dúas, amosando por (...)

Ler máis

Os Bungie Studios sepáranse de Microsoft

Os rumores de que os Bungie Studios se ían separar de Microsoft xa están confirmados, e así a estreita alianza entre as dúas compañías que deron luz á saga de Halo se relaxa para permitir a Bungie a realización de novos desenvolvementos independentes da compañía de Redmond, o que lles librará de facer xogos en exclusiva para Xbox 360, aínda que continuarán a facer (...)

Ler máis

Un novo rato USB integra un localizador GPS

A converxencia de dispositivos electrónicos non se limita ós móbiles (que están achegando dende cámaras dixitais ata PDA) senón que se pode aplicar a case calquera trebello, coma demostra o Deluo MouseGPS, que integra un receptor GPS nun rato de ordenador por USB, o que permite levar ó novo ordenador portátil a localización xeográfica por satélite. Este (...)

Ler máis

O xogo Navy Moves terá un remake comercial

FX Interactive abriu unha segunda fase de probas dun xogo que resultará rechamante para moitos nostálxicos do software español de finais dos anos 80, xa que se trata dun remake de Navy Moves (secuela de Army Moves) para PC e que permite completar a sexta fase do xogo, o que se debe concretar mediante o envío dun SMS (a 0,90 euros) para achegar 12 créditos (...)

Ler máis

O domingo rematará a final dos World Cyber Games

Ata o vindeiro domingo celebrarase en Orlando (Florida, EE.UU.) a sétima edición dos World Cyber Games, que xunta á elite mundial dos videoxogos para enfrontarse en rede para ver quen son os mellores xogadores do planeta. Nesta competición participan 700 xogadores de 74 países nos seguintes xogos: StarCraft: Brood War, Half-Life: Counter-Strike, FIFA Soccer (...)

Ler máis

0 | ... | 12300 | 12310 | 12320 | 12330 | 12340 | 12350 | 12360 | 12370 | 12380 | ... | 12820

Dinahosting hospeda este espazo web

















Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Máis de 140 persoas participaron este verán na iniciativa de capacitación dixital da Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
· Tecnoloxías inmersivas: Aplicacións practicas e uso do traxe táctil no sector da saúde.
· A Intelixencia Artificial no día a día

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade