Artigos desta sección
Memoria USB de 32 Gb con tecnoloxía TurboUSB
As memorias USB están a medrar constantemente en capacidade, e durante o Consumer Electronics Show que terá lugar en Las Vegas a primeiros de xaneiro o fabricante Buffalo amosará a súa memoria de 32 Gb, que non só destaca polo seu almacenamento, senón que incorpora a tecnoloxía TurboUSB que segundo a empresa incrementaría a velocidade de acceso con respecto a (...)
Ler máisDous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft
O Championship Gaming Series (CGS) celebrado en Los Ángeles nos pasados días congregou a xogadores de todo o mundo que mediron a súa pericia en distintos xogos, pero que no categoría de 2 contra 2 do World of Warcraft: Burning Crusade sorprendeu cunha vitoria galega. O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor (...)
Ler máisSuper Talent leva os seus discos SSD ós 256 Gb de capacidade
A capacidade dos discos de memoria sólida (SSD) está a medrar a toda velocidade para substituír ós discos duros tradicionais en dispositivos móbiles mellorando a súa autonomía, tamaño, peso e velocidade, e o fabricante Super Talent quere ser un referente nos novos discos comercializando discos SSD de ata 256 Gb con interface SATA. O novo disco de Super Talent (...)
Ler máisOs eurodeputados danlle o visto bo ó Imperium Civitas como ferramenta educativa
Por primeira vez, o órgano máis importante da Unión Europea, o Parlamento Europeo, vén de abrir as portas a unha iniciativa que, baixo o lema Aprende xogando coa Historia, quere amosar que os videoxogos (amais de divertir) poden ser eficaces ferramentas de transmisión de coñecementos e de estimulación para a aprendizaxe, especialmente entre os máis novos. O (...)
Ler máisVIA anima ós usuarios a montar o seu propio ordenador ultracompacto
Os usuarios que queiran un ordenador de pequenas dimensións e gusten de facer as cousas por si mesmos poderán facerse co novo produto de VIA, o ARTIGO Pico-ITX, que é un kit que inclúe os compoñentes para montar o noso equipo ultracompacto, sen incorporar a memoria e o disco duro, e que se venderá por uns 300 dólares. O Pico-ITX inclúe unha placa base cun (...)
Ler máisA revista EGM publica novos detalles sobre Street Fighter IV
Aínda que faltan moitos meses para o seu lanzamento, xogo Street Fighter IV non para de dar que falar, pois os seguidores da saga de loita máis popular de tódolos tempos discutiron moito trala aparición do vídeo promocional deste novo título, xa que parecía presentar unha aparencia tridimensional realista do xogo, o que parecía traizoar o espírito do xogo. O (...)
Ler máisMando de Star Wars con xogos integrados
Os joysticks con xogos integrados que funcionan con só conectalos a un televisor son uns dispositivos moi prezados por nostálxicos a vellos videoxogos ou coma agasallo no Nadal, e os seguidores da saga galáctica de George Lucas poderán mercar a través da Internet por 25 dólares (17 euros) o Star Wars Plug & Play, que é un destes mandos que presenta unha (...)
Ler máisDon King dará o seu nome a un novo videoxogo de boxeo
O coñecido promotor puxilístico Don King apadriñará o xogo de boxeo Prizefighter, que sairá na primavera de 2008 e pretenderá facer un achegamento cun realismo inédito ó deporte das 12 cordas. O novo xogo correrá da man de 2K Sports, a división deportiva de Take-Two Interactive, e chegará ás consolas Xbox 360, Nintendo Wii e Nintendo DS. O presidente da compañía, (...)
Ler máisBrazalete que vibra ó recibir chamadas no móbil
Transportar o móbil no bolso ou no peto dun abrigo pode facer que non poidamos escoitar o seu timbre de chamada nin notemos a súa vibración, polo que LM Technologies comercializa un brazalete vibrador que se comunica co móbil por Bluetooth a unha distancia de ata 5 metros e que vibra ante as chamadas entrantes. O LM959 ten unha autonomía de 100 horas en (...)
Ler máisO esquío Alvin terá película e videoxogo este mes
O vindeiro 21 de decembro a serie de animación de Alvin y las Ardillas terá unha adaptación á pantalla grande na que un Jason Lee de carne e oso convive cuns esquíos cantantes xerados en 3D que non se quedarán nas salas de cine, senón que tamén invadirán as pantallas das consolas PS2, Nintendo DS, Wii e mesmo para PC a través un videoxogo baseado na película e (...)
Ler máis0 | ... | 12420 | 12430 | 12440 | 12450 | 12460 | 12470 | 12480 | 12490 | 12500 | ... | 13040