Artigos desta sección
Os Cazapantasmas volven ó mundo dos videoxogos
A saga cinematográfica de Cazapantasmas levara 2 entregas á grande pantalla e varias adaptacións das mesmas ós videoxogos, e agora queren volver nun novo título de Sierra (Vivendi) que podería chegar ás tendas no outono de 2008 e que promete ser realmente espectacular. O novo xogo está a ser desenvolvido por dúas empresas: Terminal Reality prepara as versións (...)
Ler máisO día 21 chega ás tendas Singstar Latino
O vindeiro mércores, cunhas 3 semanas de retraso, chegará ás tendas españolas unha nova entrega de Singstar, o xogo de karaoke para a PlayStation 2 de Sony que atenderá a demanda do público hispanofalante que se vía marxinado polos anteriores entregas nas que predominaban os temas en inglés, de xeito que Singstar Latino lles permitirá imitar ós seus cantantes (...)
Ler máisO Batman de LEGO estreará videoxogo en 2008
A división de lecer interactivo da Warner e Travellers’s Tales Games confirmaron que en 2008 estrearán para videoconsolas e PC o xogo LEGO Batman: El Videojuego que seguirá a liña de Star Wars e Indiana Jones en converter a grandes heroes do cine en videoxogos baseados en deseños de pezas de LEGO (de feito, contará co mesmo equipo de desenvolvemento). O (...)
Ler máisO HTC Touch Cruise reta ó iPhone con GPS e 3G
O iPhone se está a converter en todo un referente para os fabricantes de móbiles, HTC (que tamén subministra terminais a outros fabricantes de xeito que se poden ver no mercado baixo marcas coma Qtek ou mesmo de operadoras de telefonía) xa lanzara un básico HTC Touch, que se adiantaba ó iPhone en Europa, pero que agora quere superalo en prestación, polo que (...)
Ler máisAltec Lansing viste de negro os seus sistemas de son para ir a xogo cos novos iPod
O fabricante Altec Lansing lanza novas versións en negro dos seus sistemas de son inMotion para iPod (o iM7 Black, o M602 Black e o iM11 Black) de xeito que se adapta ás nova tendencias da tempada e ós novos modelos de reprodutores multimedia de Apple. O iM7 Black é un sistema de audio portátil para o iPod que nun pequeno tamaño achega 20 W de potencia cunha (...)
Ler máisRayman: Raving Rabbids 2 chega ás consolas de Nintendo
Hoxe chegan ás pantallas das consolas de Nintendo os coellos tolos que popularizou Rayman, en 2 xogos que se adapta cada un á súa correspondente consola. Rayman: Raving Rabbids 2 é así un dos produtos máis agardados polos seguidores destes coellos que tan ben se venden a través de anuncios nos que parodian dende o mundial de fútbol ata as feiras tecnolóxicas, (...)
Ler máisProposta de casamento en Halo 3
A primeiros de mes o xogo Halo 3 serviu para que o xogador Moviesign, botando unha partida con varios amigos entre os que se atopaba a súa moza Furtive Penguin, levase á súa compañeira ata un lugar onde supostamente estaría unha espada de enerxía e no que realmente había unha serie de armas colocadas de xeito que formaban a pregunta «Marry Me?», ou sexa, (...)
Ler máisDuracell comercializa un cargador con batería
O fabricante de pilas Duracell tamén pensa nos nosos trebellos electrónicos, polo que incorpora ó seu catálogo o Duracell PowerSource Mobile 100, que é unha solución de carga que subministra unha saída de corrente alterna e dous portos de carga USB de xeito que se poden empregar coma fonte de enerxía para cargadores ou directamente para dispositivos que (...)
Ler máisAssassin’s Creed chega ás tendas precedido dunha festa de presentación
Hoxe sae á venda para PS3 e Xbox 360 o agardado xogo Assassin’s Creed de Ubisoft, e para celebrar este lanzamento os seus responsables organizaron unha festa de presentación nunha discoteca de Los Ángeles á que asistiron famosos coma John Hensley (da serie Quita e Pon), Lauren Conrad, Zachary Levi, Shawn Pyfrom (de Mujeres Desesperadas), Masi Oka e Kristen (...)
Ler máisO Nokia N82 integra nun elegante móbil unha cámara de 5 Mpíxeles e conectividade HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth
Nokia presentou oficialmente o seu terminal N82 que se sitúa no mercado coma un dos modelos máis atractivos ó combinar á perfección capacidades multimedia con conectividade 3G, xunto con outras prestacións que o fan rivalizar co móbil estrela da tempada: o Nokia N95. O Nokia N82 soporte HSDPA (3G) para conectarse á Internet a grande velocidade, conta cunha (...)
Ler máis0 | ... | 12430 | 12440 | 12450 | 12460 | 12470 | 12480 | 12490 | 12500 | 12510 | ... | 13020