As intelixencias artificiais aplicadas na tradución centrarán un congreso internacional na UVigo
xoves, 7 de decembro do 2023
- Ramón Méndez, Óscar Ferreiro, Emmanuel Bourgoin e José Yuste no Museo do Videoxogo (o MUVI de Cangas)
O Campus
de Vigo acollerá no mes de marzo a primeira edición dun congreso
cientÃfico-divulgativo sobre novas ferramentas para a tradución,
con especial énfase na Intelixencia Artificial e no seu potencial
para a comunicación entre linguas. Estamos a falar do Congreso
Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia,
ParatradIT-2024_Uvigo_T&P.
Celebrarase entre os dÃas 20 e 22 tanto en
modalidade presencial na Facultade de FiloloxÃa e Tradución da
Universidade de Vigo como en modalidade virtual. O simposio
terá unha dobre vertente, unha cientÃfica dedicada ao diálogo
investigador arredor de tres eixes cientÃficos principais e outra
esencialmente divulgativa, concentrada en seis obradoiros formativos
que achegarán o alumnado á práctica profesional da tradución.
Dirixido e organizado por Óscar Ferreiro Vázquez,
Emmanuel Bourgoin Vergondy, José Yuste FrÃas, Ramón Méndez
González e Karl Schurster, membros do Grupo de Investigación TI4
Tradución & Paratradución (T&P), este é o primeiro evento
cientÃfico dunha serie que, ao longo dos próximos anos, estudará
as circunstancias sociais, culturais, polÃticas e, sobre todo,
tecnolóxicas que afectan á tradución entre linguas (interlinguas)
na era das narrativas transmedia, tanto en pantalla como fóra
dela, dende a perspectiva teórica, didáctica e profesional da
paratradución.
O simposio, no que tamén colabora o Grupo de
investigación Tradución y Discurso Especializado (Tradies) da
Universidad de Córdoba, tamén busca promover o diálogo entre o uso
das linguas e das novas tecnoloxÃas dixitais con achegas e debates
cientÃficos nas cinco linguas do congreso: español, galego,
francés, inglés e portugués.
Os tres eixes cientÃficos arredor dos que xira o
congreso, e para os que o prazo de envÃo de contribucións está
aberto ata o 26 de febreiro, abranguen diversos eidos temáticos de
investigación en tradución e interpretación e no ensino de linguas
dende a perspectiva das novas tecnoloxÃas e ferramentas dixitais
aplicadas na actual cibercultura das pantallas. O primeiro eixe
céntrase na tradución e interpretación na era dixital, o segundo
abrangue a pedagoxÃa e didáctica dixitais das linguas e,
finalmente, o terceiro aborda as intelixencias artificiais no
tratamento automático das linguas.
No seu transcurso impartiranse seis obradoiros
prácticos centrados noutros tantos ámbitos directamente
relacionados coa docencia impartida no Doutoramento Internacional
Tradución & Paratradución (T&P), o Máster en Tradución
para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario
Excelente da Xunta de Galicia– e o TÃtulo Propio de Especialista
en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). Estes talleres
son: Introdución á actividade investigadora: primeiros pasos,
publicacións e congresos; Taller de tradución e adaptación de
manga; Xoga ben as túas cartas! Taller creativo de tradución de
xogos de mesa; Aos mandos da tradución: conceptos básicos da
localización de videoxogos; Como se fai un libro traducido? e,
finalmente, Fiscalidade e protección social para
tradutores.
A asistencia ao congreso sen presentar
comunicación será de balde para todo o público, mentres que a
asistencia con certificado custará 15€.