As nosas comunidades intercambian recursos nunha nova xeira de Laretas Geek

mércores, 26 de agosto do 2020 S. P.

Este xoves 27 celébrase unha nova edición de Laretas Geek, tras o éxito da anterior convocatoria en materia de participación e repercusión. Desta volta, centrarase nas comunidades tecnolóxicas de Galicia, que estarán representadas por colectivos como Coruña JUG, Vigo JUG ou Vigo Tech, que son os co-organizadores desta cita virtual. Adoptarase a fórmula das sesións participativas (a través dun chat en aberto) e dos faladoiros informais, á espera de que se celebre unha seguinte convocatoria (agora si) con formato presencial (cando as circunstancias así o permitan). As sesións deste xoves comezan ás 21.30 horas.
Contarase coa presenza de Alex Hermida de PythonVigo e Full Stack Engineer en Healx, Andrea Magán de CoruñaJUG e desenvolvedora e deseñadora en Improving Metrics, Cris Barreiro de GDGSantiago e desenvolvedora de Android en Plexus, Daniel Rey de XantarDev e analista programador en Coremain, Daniel Lopez de Bricolabs e Tech Lead en Zara.com, Iván Guardado de CoruñaJS e desenvolvedor de software en Devengo e Sergio Carracedo de PHPVigo e desenvolvedor en Inditex.

PUBLICIDADE