As pemes galegas poden mellorar a súa produtividade con servizos de computación de altas prestacións
luns, 20 de marzo do 2023
A directora da
Axencia Galega de Innovación e presidenta do CESGA, Patricia Argerey, interveu
esta mañá na reunión de presentación
da Comisión de Oferta do Nodo de Computación de Altas Prestacións do Hub de
Innovación Dixital Dihgigal, que ten como obxectivo acelerar a
transformación dixital do tecido produtivo galego a través da oferta de
servizos HPC avanzados. No lanzamento do Nodo HPC participou tamén o director
de AMTEGA, Julián Cerviño, e representantes da Comisión de Oferta de Dihgigal
(universidades, centros tecnolóxicos e empresas TIC).
Argerey expresou
a súa satisfacción porque os Hubs de Innovación Dixital aproveiten as
capacidades do ecosistema galego de innovación para potenciar a competitividade
do tecido empresarial e industrial galego e apuntou que a posta en marcha deste
Nodo HPC liderado polo CESGA, que se suma ao Nodo de Intelixencia Artificial
que lidera a Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia,
permitirá acelerar a incorporación destas tecnoloxÃas clave por parte do sector
industrial na Comunidade.
A Computación de
Altas Prestacións permite, entre outros, resolver problemas moi complexos que
requiren grandes necesidades de computación ou tratamento de datos, obter
resultados máis detallados e precisos, mellorar a calidade dos resultados,
facer novos descubrimentos, ou simular procesos, ofrecendo unha vantaxe
competitiva ás empresas que a empregan. Trátase dunha ferramenta indispensable
na Industria 4.0 e unha das tecnoloxÃas clave a nivel europeo, que dispón dun
orzamento de máis de 8.000 millóns de euros no perÃodo 2021-2027 a través da
iniciativa EuroHPC.
O CESGA achega ao
sector industrial galego, a través de Dihgigal, as súas infraestruturas (como o
supercomputador Finisterrae III) e o futuro computador cuántico, recursos
computacionais e de almacenamento de datos, asà como a súa experiencia na
prestación de servizos a empresas é un dos nodos do Centro Nacional de
Competencias en HPC, Big Data e Intelixencia Artificial Español e no ano 2022
beneficiáronse dos seus servizos máis dun cento de empresas.