Assassin’s Creed III sairá o 31 de outubro

luns, 5 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A semana pasada non foron poucas as imaxes e informacións que foron filtrándose sobre o xogo Assassin’s Creed III co gallo das páxinas que ía dedicarlle a revista Game Informer e da portada que a propia Ubisoft publicou en Facebook, deixando claro que este título estaría ambientado na Revolución Estadounidense, e adiantando algunhas situacións nas que podemos ver ao protagonista tendendo unha emboscada a un grupo de soldados británicos. Finalmente a cousa vai máis aló de imaxes de arte conceptual e Assassin’s Creed III estrea trailer, cumprindo con creces coas expectativas creadas.
O xogo confírmase que chegará a PC, PlayStation 3 e Xbox 360 o 31 de outubro, estando tamén en preparación unha versión para a futura Wii U. Tamén achéganse detalles como que o protagonista chámase Ratohnhaké:ton, aínda que tamén responde ao nome de Connor; que participarán na historia personaxes históricos como George Washington; e que para avanzar graficamente vai contar cun novo motor chamado Ubisoft-AnvilNext.

JPEG - 225.2 KB
George Washington será un dos personaxes históricos que aparecerán no xogo
JPEG - 226 KB
O protagonista do xogo será un nativo americano chamado Ratohnhaké:ton/Connor
JPEG - 185 KB
Nesta nova entrega o protagonista tamén gustará de aproveitar as vantaxes que supoñen as alturas
JPEG - 178 KB
Dá a impresión de que a neve xogará un papel importante en Assassin’s Creed III

PUBLICIDADE