Assassin’s Creed IV</Em> estrea trailer

luns, 4 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Tras varias filtración, por fin é oficial o anuncio de Assassin’s Creed IV: Black Flag, xogo de Ubisoft que vén de estrear o seu primeiro trailer, e que sairá o 29 de outubro en versións para PC, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U (estando dispoñible máis adiante para PS4 e para a futura nova consola de Microsoft), trasladando a historia ao ano 1715, con piratas dominando o Caribe, onde estará o capitán Edward Kenway, avó do protagonista de Assassin’s Creed III, dando a entender que estamos ante unha especie de spin-off da anterior entrega, pero mudando de protagonista (de aí que avance de número o seu título).
Polo que puido verse do xogo dá a impresión de que estamos ante unha variación da anterior entrega, incorporando cambios que procuran facelo máis atractivo, e fuxindo da Revolución Estadounidense, que non callou tanto como era de agardar. O xogo combinará tanto escenas en embarcacións (tras funcionar sorprendentemente ben en Assassin’s Creed III) con numerosas escaramuzas e secuencias de sixilo, na liña ao que esta saga nos ten afeito, pero aproveitando o atractivo do mundo pirata, tan de moda nos últimos anos. Para ir creando expectación temos ao propio Barbanegra falando do novo asasino da saga de Ubisoft:

O xogo recuperará os momentos de navegación que tan bo resultado deron en Assassin’s Creed III
Os elementos clásicos das aventuras de piratas estarán presentes na nova entrega de Assassin’s Creed



Barbanegra será unha das figuras históricas que aparecerán en Assassin’s Creed IV

PUBLICIDADE