Asus anuncia un tablet de 7 polgadas con nVIDIA Tegra 3 por só 249 dólares
martes, 10 de xaneiro do 2012
No CES de Las Vegas fixo acto de presenza a xente de nVIDIA, para dar a coñecer un novo produto que podería supor un duro competidor para dispositivos coma o Kindle Fire, o tablet Asus Eee Pad MeMO 370T, que conta cunha pantalla IPS de 7 polgadas, procesador nVIDIA Tegra 3, cámara de 8 Mpíxeles e sistema operativo Android 4.0 que sorprende polo axustado prezo de 249 dólares (sen coñecerse detalles como a súa data de lanzamento). Se atendemos a outros modelos semellantes de Asus podemos entender que contará con 1 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, cámara traseira 1,2 Mpíxeles e GPS.