Asus presenta o primeiro portátil cunha gráfica RTX 6000
mércores, 4 de setembro do 2019
Coa vista posta nos creadores de contidos Asus presentou
na feira IFA de BerlÃn o seu novo portátil ProArt StudioBook One, o
primeiro en contar cunha gráfica nVIDIA Quatro RTX 6000, xunto cun procesador
Intel Core de 9ª xeración, de xeito que convértese nun equipo portátil coas
prestacións dunha estación de traballo capaz de abordar tarefas de cálculo
intensivo, como pode ser o renderizado de animación ou a edición de
vÃdeo 8K.
Os ProArt StudioBook One conta cun sistema de refrixeración potente, cun módulo
térmico de aliaxe de titanio de grao aeroespacial, xunto cun deseño que procura
un bo fluxo de aire no chasis, á vez que sitúa os elementos que disipan máis
calor detrás da pantalla, para evitar que resulte incómodo colocar o equipo sobre
as pernas.
Este portátil tamén conta cunha pantalla 4K cunha velocidade de refresco de 120
Hz e unha gama de cor Adobe RGB do 100%, polo que serÃa un bo equipo para o
deseño gráfico e o traballo con vÃdeo.