Asus presenta un portátil compatible con xogos en 3D

xoves, 19 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que os ordenadores portátiles non sexan os máis recomendables para os videoxogos iso non quere dicir que non existan equipos deste tipo moi optimizados para tal fin, coma o novo Asus G51J 3D, que emprega un potente procesador Intel Core i7, unha tarxeta gráfica nVIDIA GeForce GTX 260M con 1 Gb de memoria dedicada, lector de Blu-ray, disco duro de ata 500 Gb, altofalantes Altec Lansing e pantalla de 15,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles e velocidade de refresco de 120 Hz, de xeito que é compatible coa tecnoloxía nVIDIA 3D Vision, ou sexa, que pode empregarse con lentes (incluídas) que permiten o acceso a contidos estereoscópicos neste equipo que ten un prezo duns 1.650 euros.
Este equipo vén cunha versión de 64 bits de Windows 7, e grazas a tecnoloxía de nVIDIA permitiría gozar en 3D preto de 400 xogos para PC entre os que estarían títulos coma Batman: Arkham Asylum, World of Warcraft ou Left 4 Dead 2, sendo este último xogo o que probaron dende Engadget neste equipo, quedando moi satisfeitos coa experiencia de xogo no mesmo, deixando claro que non haberá que agardar a que cheguen as películas en 3D para poder gozar desta tecnoloxía, xa que os videoxogos hai tempo que están preparados.

A xente de Engadget probou este equipo

PUBLICIDADE