Asus presenta un servidor de ficheiros baixo a marca Eee
xoves, 5 de marzo do 2009
Os equipos Eee de
Asus xa non están limitados a portátiles e ordenadores de sobremesa, senón que
no CeBIT tamén amosaron unha aplicación desta marca aos servidores de arquivos
en rede, podéndose ver o Asus
EeeNAS D200, un servidor de arquivos con ata 2 Tb de almacenamento
que funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, con 2 Gb de RAM e
gravadora de DVD, polo que parece máis un ordenador que un sistema para
compartir ficheiros en rede.
O equipo conéctase á rede local por Ethernet, pero tamén conta con conectividade
Wi-Fi (802.11n) para poder acceder ao equipo sen pasar por un router. Cómpre
destacar que funciona con Windows XP, inclúe un cliente BitTorrent (para
descargar ficheiros da Internet sen utilizar un ordenador, por dicilo dalgún
xeito), é bastante silencioso (non supera os 28 dB de ruído), e mesmo inclúe un
sistema de alimentación ininterrompida. O modelo con 2 discos de 500 Gb custará
399 euros.
|