Ataque a los Titanes terá videoxogo para consolas domésticas

mércores, 5 de agosto do 2015 Marcus Fernández

A serie de animación Shingeki no Kyojin/Ataque a los Titanes leva xa un par de videoxogos para Nintendo 3DS, estando dispoñible dende España o titulado Humanity in Chains dende hai pouco máis dun mes, en formato descargable e con en inglés, polo que estamos ante un título que simplemente busca chegar aos incondicionais do anime, pero parece que finalmente a franquía vai tomarse en serio o dos videoxogos, e dar o salto a consolas domésticas.
Hoxe mesmo Hikashi Koinuma, presidente de Koei Tecmo Games e director do proxecto do novo xogo baseado en Ataque a los Titanes, foi o encargado de confirmar durante a Gamescom o desenvolvemento do título baseado no manga/anime de máis éxito dos últimos anos, e que estaría dispoñible en 2016 previsiblemente para as consolas de Sony. O estudio detrás deste traballo será Omega Force, responsables de xogos como Zelda: Hyrule Warriors, Dynasty Warriors: Gundam e One Piece: Pirate Warriors, polo que espérase que esteamos ante un título moi superior aos xogos para Nintendo 3DS.
Polo momento só publican un pequeno vídeo de adianto e de momento o nome ao que responde o xogo sería o de Attack on Titan, aínda que podería mudar segundo vaia prosperando o seu desenvolvemento (pois está claro que vai iniciar unha saga, de xeito que é previsible que engadan algún elemento ao título que faciliten a diferenciación das distintas entregas).

Vídeo de adianto do novo xogo baseado en Ataque a los Titanes

PUBLICIDADE