Auriculares Plantronics con son 7.1
martes, 7 de setembro do 2010
Os usuarios de PC que
queiran gozar dunha impresionante experiencia de son envolvente durante os seus
xogos poden facerse cos novos auriculares
Plantronics GameCom 777, que achegan a tecnoloxÃa Dolby ProLogic IIx para
dar un son
envolvente virtual 7.1 recorrendo a unha tarxeta de son USB compatible con PC e
Mac. Estes auriculares tamén integran un micrófono telescópico para poder
conversar durante as partidas en liña ou tamén para realizar chamadas de VoIP
cunha excelente calidade (pois fai uso de tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo).
O prezo oficial de venda nos EE.UU. é de 109,95 dólares, mentres que en España
véndense por 99 euros (aÃnda que é doado atopalos por menos de 70 euros). Unha
excelente opción para gozar de bo son no ordenador sen ter que rodealo de
altofalantes.