Barcelona acollerá o Mobile World Congress até 2030
luns, 27 de xuño do 2022
Tras unhas edicións moi irregulares do Mobile World Congress
por mor da situación sanitaria global, o cadro directivo da GSMA acordou que o
encontro sobre telefonía móbil manterá a súa sede en Barcelona como mínimo até
o ano 2030, por terse constatado a idoneidade da cidade para acoller esta feira
internacional considerada como a cita tecnolóxica máis importante do ano a
nivel mundial.
O Mobile World Congress celébrase en Barcelona dende o ano 2006, como resposta
ao crecemento do evento, e, se omitimos os problemas provocados pola pandemia, as
distitnas edicións foron un éxito rotundo, grazas especialmente pola boa
relación entre a GSMA e o ecosistema que se formou ao redor do MWC en
Barcelona, para o que contribuíron administracións públicas e numerosas
entidades privadas, convertendo a cidade condal nun recuncho acolledor para
moitos milleiros de visitantes.