Barrio Sésamo terá xogos para Wii e Nintendo DS no verán

mércores, 4 de maio do 2011 Marcus Fernández

Coco porá retos a Elmo e Abby para fomentar o exercicio físico

Mentres Double Fine está a prepara un xogo de Barrio Sésamo para Xbox 360 e Kinect, Warner Bros. Interactive Entertainment anuncia Barrio Sésamo: ¿preparados? ¿listos? ¡Coco! Y Elmo El Videojuego, título para os máis cativos da casa que chegará no verá para Wii e Nintendo DS, e que con moita acción e diversión busca promover hábitos de vida saudables entre os nenos en idade preescolar, na liña da popular serie televisiva na que se inspira o xogo.
Esta videoxogo busca que os nenos se exerciten mentres se divirten a través de estiramentos, saltos e bailes, «amosándoselles tamén cómo asearse e explícanselle os beneficios da comida sa ao logo de todo o xogo» segundo comentou Rosemarie Truglio, vicepresidenta de Educación e Investigación do Sesame Workshop (entidade sen ánimo de lucro detrás da mencionada serie de televisión).
No xogo, Coco proponse crear unha serie de retos para axudar aos seus amigos a ser máis activos, de xeito que Elmo e Abby deberán saltar obstáculos, remar e xogar a Coco di, o que pretende ser moi divertido para os xogadores. Amais, a copia de Wii incluirá unha funda para o mando da consola coa aparencia de Coco (que tapará os botóns innecesarios para o xogo, facendo máis doado o seu uso) mentres que na DS incluirá unha stylus xigante para facilitar a interacción coa pantalla táctil da portátil de Nintendo para usuarios con mans pequenas.

A versión para Wii incluirá unha funda para o mando coa aparencia de Coco

PUBLICIDADE