Base para discos duros SATA con hub USB e lector de tarxetas de memoria
venres, 27 de xuño do 2008
A popular tenda
de Kong Kong, Brando, vende unha nova
base para conectar externamente discos duros internos SATA de 2,5 e 3,5
polgadas e que para redondear o produto incorpora tamén un
concentrador de 2 portos USB, un lector de tarxetas de memoria con 4 fendas
(que soporta tarxetas SD, SDHC, Extreme SD, Extreme III SD, Ultra II SD, MMC,
RS MMC, HS RS MMC, X-Memory e os distintos
tipos de Compact Flash e Memory Stick) e con función de copia de seguridade con
só premer un botón.
Esta base
Unitek para discos duros SATA mide 165,5 x 110 x 102 milímetros e
236 gramos de peso, que se vende a 53 dólares (33,92 euros).