Base para o iPod que se comunica sen fÃos co seu altofalante
xoves, 22 de xaneiro do 2009
Os usuarios de
reprodutores multimedia de Apple non sempre empregan o seu iPod con
auriculares, de aà a proliferación de bases de reprodución con altofalantes que
tamén serven para cargar a baterÃa dos reprodutores, que no caso dos Altec
Lansing Octiv Air sorprende por incorporar tecnoloxÃa sen fÃos na banda dos
2,4 GHz para poder separar
a base do iPod dos altofalantes cun alcance de ata 33 metros (a través de
paredes e tellados).
Esta base para o iPod conta cunha potencia total de 160 W, 2 subwoofers de 4 polgadas e 2 tweeters de 1 polgada, radio FM con 6
pre-sintonÃas, entrada de liña auxiliar (para cando queiramos escoitar música
dunha fonte distinta a un iPod) e un mando a distancia versátil que non só
controla o altofalante e o iPod, senón que tamén se pode programar para manexar
outros dispositivos.
Por desgraza o prezo de venda deste sistema de son é un tanto elevado, xa que
se vende en España por 399,90 euros.