Batman: Arkham Asylum estreará demo o vindeiro venres

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O 28 de agosto chegará ás tendas europeas o agardado xogo Batman: Arkham Asylum para PlayStation 3, Xbox 360 e PC, e como adiante este venres poderá comezar a descargarse a súa versión de demostración para Xbox 360 e PS3 (mentres que para PC aínda está por concretar a súa data de lanzamento), que incluirá as escenas de apertura do xogo completo, cando Batman e o Comisario Gordon custodian ao Joker ao Manicomio de Arkham, onde desencadearase o caos e o Señor da Noite deberá combinar sixilo con espectaculares combates para ir derrotando a distintos inimigos entre os que non faltan personaxes emblemáticos coma Bane, Poison Ivy, Killer Croc, Harley Quinn ou Zsasz.
Mentres a demo non chega, pode verse o trailer do xogo:

PUBLICIDADE