Batman: Arkham City estrea versión para OS X

venres, 14 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Tras un impresionante éxito de público e crítica en distintas plataformas (Xbox 360, PlayStation 3, PC e recentemente Wii U) o xogo Batman: Arkham City chega finalmente aos ordenadores de Apple, premiándose esta espera co feito de que este título á venda na Mac App Store por 35,99 euros corresponde á súa edición Xogo do Ano, ou sexa, con todos os contidos descargables que saíron nos meses posteriores aos lanzamento das versións de consola, polo que non haberá que facer un pagamento adicional, como o episodio adicional titulado A Vinganza de Harley Quinn (historia independente situada un par de semana despois dos eventos acontecidos durante o xogo) e os paquetes que permite xogar empregando a Nitghtwing, Robin e Catwoman.
Para poder gozar deste extraordinario xogo é preciso contar cun ordenador que como mínimo teña un procesador a 2 GHz, 4 Gb de RAM, gráfica con 256 Mb de memoria e 16 Gb de disco libres. Advirten de que as gráficas das series ATI X1xxx, ATI HD2xxx, nVIDIA 9400, nVIDIA 7xxx, nVIDIA 8xxx, nVIDIA 320M, Intel HD3000 e Intel GMA non son compatibles con este xogo.

Ao estarmos ante a edición Xogo do Ano de Batman: Arkham City, tamén poderemos gozar da historia de vinganza de Harley Quinn sen ter que realizar ningún pagamento adicional

PUBLICIDADE