Batman: Arkham City estreará versión para PC o vindeiro día 25

mércores, 9 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo de Rocksteady Games, Batman: Arkham City, leva máis dun par de semanas arrasando nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3, pero a versión para PC (claramente superior por ofrecer texturas máis detalladas e outras melloras gráficas como xa pasara coa anterior entrega da saga) veu retrasado o seu lanzamento ata o vindeiro día 25, cando debería chegar ás tendas españolas, 3 días despois da estrea do título nos EE.UU.
Warner Bros. Interactive Entertainment non explicou o motivo desta nova demora dun xogo que tería que ter saído simultaneamente cos seus irmáns de consola doméstica, e tampouco detallaron se afectará ao calendario de contidos descargables para o título.

JPEG - 174.7 KB
A versión para PC de Batman: Arkham City chegará con numerosas melloras gráficas

PUBLICIDADE