Batman: Arkham City estrearase para OS X en novembro
mércores, 3 de outubro do 2012
Tras
ter unha magnÃfica acollida nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e
PC, o xogo Batman: Arkham City non só
está a agardar pola súa Armored Edition
para Wii U, senón que tamén contará cunha versión para ordenadores de Apple,
que Feral Interactive
está a preparar e que agardan lanzar no mes de novembro. A espera compensaranse
co feito de que a
edición do xogo para OS X será a Game of
the Year, ou sexa, que incluirá todos os contidos descargables e
paquetes de expansión de Batman: Arkham
City, como serÃan o episodio titulado Harley
Quinn’s Revenge (unha especie de epÃlogo do xogo) e as ampliacións que
permiten que, en vez de manexar a Batman, poidamos meternos na pel doutros
personaxes como Catwoman (cunha aventura de seu), Nightwing e Robin (para
superar certos retos).
- A edición Game of the Year inclúe os retos nos que podemos controlar a Robin
- O episodio descargable de Harley Quinn tamén estará dispoñible na edición para OS X de Batman: Arkham City