Batman: Arkham Knight, Injustice, Sombras de Mordor e Mad Max ofértanse nun Humble Bundle

mércores, 24 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos anos Warner Bros Games lanzou grandes xogos baseados en franquías de peso que convertéronse en auténticos clásicos modernos e agora, a través do proxecto Humble Bundle, ofértanse a un prezo moi reducido, para que quen os deixase pasar poida sumalos á súa colección de Steam e, de paso, contribuír a unha causa solidaria.
O The Humble WB Games Classics Bundle permite que os usuarios que paguen a partires de 1 dólar poidan facerse con Scribblenauts Unlimited, a edición Xogo do Ano de Tierra Media: Sombras de Mordor e Batman: Arkham Origins, mentres que pagando máis da media (3,63 euros no momento de escribir estas liñas) podemos sumar tamén Bastion, Mad Max, a edición definitiva de Injustice: Gods Among Us e LEGO The Incredibles. Os usuarios que queiran realizar unha achega aínda superior, por a partires de 10,54 euros poden conseguir tamén o xogo Batman: Arkham Knight co seu pase de tempada.

PUBLICIDADE