Bayonetta 2 estrea versión de demostración

xoves, 9 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro 24 de outubro chegará ás tendas o agardado xogo de acción para Wii U Bayonetta 2, e para que os usuarios da consola doméstica de Nintendo poidan ir botando unha ollada a este título de cara a decidir a súa compra estrean hoxe unha versión de demostración que pode descargarse de balde da Nintendo eShop.
A demo do xogo de Platinum Games permite comprobar como son as mecánicas deste título hack and slash frenético e con grande personalidade que converteuse en todo un xogo de culto na súa primeira entrega, e que por desgraza para moitos xogadores, desta volta será un título exclusivo para Wii U.
O xogo chegará en 3 edicións diferentes: a First Print Edition, edición especial que incluirá Bayonetta 2 xunto cunha remasterización para Wii U do primeiro Bayonetta, un libro de ilustracións e unha caixa especial con efecto de pel; a Edición Especial que incluirá os discos de Bayonetta e Bayonetta 2; e a edición sinxela de Bayonetta 2. Aparte destas edicións físicas, o xogo tamén estará dispoñible en descarga na Nintendo eShop a partires do 24 de outubro.


Último trailer de Bayonetta 2

PUBLICIDADE