Bayonetta 2 será exclusivo de Wii U por estar editado por Nintendo
venres, 14 de setembro do 2012
Coa presentación dos
plans de comercialización da Wii U en Europa e EE.UU. anunciouse o xogo de
Platinum Games Bayonetta 2,
converténdose na grande sorpresa da xornada, tanto polo feito de que non se
sabÃa nada de tal secuela, como polo feito de que vaia ser exclusiva da nova
consola doméstica de Nintendo, pero as reaccións por parte dos seareiros da
saga foron bastante negativas, pois sentÃronse ofendidos polo feito de que o
tÃtulo non vaia estar dispoñible para a súa consola de videoxogos actual.
Todo iso levou á xente de Platinum a reaccionar, e comentaron que tras o
desenvolvemento do primeiro Bayonetta
estiveron a manter conversas con SEGA para continuar a saga, e ante
a falta de apoio de tal compañÃa, tiveron que recorrer a Nintendo para editar
Bayonetta 2, o que explica que vaia
ser exclusivo para unha consola da compañÃa nipona. A intención de Platinum
Games nunca foi molestar aos seus seareiros, e parece que, de existir un culpable da ausencia do novo tÃtulo nas
consolas domésticas actuais non serÃa outro que SEGA.
VÃdeo de presentación do xogo