Bayonetta e Vanquish estrean versión remasterizada
martes, 18 de febreiro do 2020
A celebración do 10º aniversario dos xogos Bayonetta
e Vanquish serviu como desculpa para estrear as súas remasterizacións
para PlayStation
4 e Xbox
One, podendo adquirirse estes xogos por separado a un prezo de 24,99 euros
ou nun lote por 39,99 euros.
Estes xogos de PlatinumGames chegan con gráficos remasterizados, podendo alcanzar
gráficos 4K a 60 fotogramas por segundo en PS4 Pro e Xbox One X, polo que
estamos ante un dos mellores xeitos de achegarse a estes tÃtulos, que no caso
de Bayonetta trátase dun clásico moderno que deu pé a unha franquÃa,
mentres que no caso de Vanquish temos un xogo de acción frenético, que
pese a recibir boas crÃticas, non conseguiu callar dabondo como para
converterse nunha saga con entregas posteriores.
O lote con ambos xogos
non só pode adquirirse en dixital, senón que tamén comercialÃzase en soporte
fÃsico, nunha edición que inclúe unha caixa metálica e poderÃa ter bastante éxito
entre os coleccionitas que admiran o catálogo de xogos de PlatinumGames. Os
xogadores de PC terán que conformarse con contar só cunha edición descargable
de Vanquish ou de Bayonetta, dispoñible
por 19,99 euros cada unha, e que promete gráficos de alta definición en unha
taxa de fotogramas desbloqueada.