Betabeers Galicia abordará técnicas e ferramentas de produtividade en Pontevedra

mércores, 24 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Mañá celebrarase a edición número 21 de Betabeers Galicia na Coruña, e esta serie de encontros parece ter pisado o acelerador, porque xa convocaron a edición número 22, desta volta no Espacio Arroelo de Pontevedra. A sesión dedicada a afondar nas técnicas e ferramentas de produtividade desenvolverase o vindeiro mércores de 19:30 a 21:30 horas e abrirá con 5-6 relatores que en intervencións de 5-10 minutos cada unha darán conta de técnicas de produtividade e ferramentas específicas que axudan no traballo.
Tras as charlas programadas terán lugar as lightning talks, unha oportunidade para realizar breves exposicións en público, para presentar ideas que se queiran compartir ou dar conta dalgunha tecnoloxía que se está a empregar ou incluso comezar algún debate, de xeito que os participantes poderán contar cun par de minutos para chegar á audiencia.

PUBLICIDADE