Beyond: Dos Almas poderá controlarse mediante dispositivos móbiles
luns, 30 de setembro do 2013
Un dos
xogo máis agardados para PlayStation 3, Beyond: Dos Almas, a
nova creación de Quantic Dream que este mércores estrea versión de demostración
para pórse á venda o vindeiro dÃa 9, vai incorporar unha curiosa innovación que
consiste na posibilidade de facer uso dun dispositivo móbil con iOS ou Android
como método de control, de xeito que, en vez de manexalo empregando o mando
tradicional da PS3 será
posible gozar deste interesante thriller
emocional controlando a acción cun dedo sobre a pantalla.
A aplicación para iPhone e IPad xa está dispoñible
na App Store, ao igual que a versión para Android tamén está presente
en Google Play, permitindo que os usuarios menos experimentados poida gozar
da experiencia interactiva de Beyond: Dos
Almas sen ter que enfrontarse co atranco dun control ao que non están
afeitos. Amais, este método de control tamén pode utilizarse para xogar a
aventura en modo Dúo, ou sexa, cun
segundo xogador axudando dende o seu dispositivo móbil.
A comunicación entre o smartphone ou o tablet coa consola realizarase dun xeito
sinxelo, sendo só preciso que ambos dispositivos estean conectados á mesma rede
Wi-Fi, e supón unha interesante achega ao uso de dispositivos móbiles como
complementos para os xogos.
- O control a través dun smartphone ou tablet facilitará o xogo por parte de usuarios pouco experimentados