Beyond Good & Evil estrea remake en HD
mércores, 2 de marzo do 2011
O Bazar de Xbox
LIVE Arcade recibiu hoxe coma contido descargable o xogo Beyond
Good & Evil HD, o remake
dunha premiada aventura de acción que Ubisoft publicou en 2003 para GameCube,
PS2, Xbox e PC (considerada por Destructoid coma o
6º mellor xogo da pasada década) que posiblemente
ten unha secuela en desenvolvemento e que agora recupérase cunha adaptación á
alta definición da Xbox 360.
Esta aventura está protagonizada por Jade, unha reporteira de investigación que
destapa unha terrible conspiración e que debe salvar ao mundo coa axuda do
carismático Zerdy. Está á venda por 800 puntos de Microsoft (9,6 euros) e tamén
conta cunha versión
de demostración que podemos descargar de balde.
- Os gráficos do xogo actualizáronse á alta definición da Xbox 360
Trailer de lanzamento do xogo