BioShock chegará a iOS durante o verán

luns, 4 de agosto do 2014 Marcus Fernández

BioShock foi un dos xogos que impulsou o lanzamento da Xbox 360, chegando a converterse nunha das franquías de máis éxito na anterior xeración de consolas de videoxogos, e 2K vén de confirmar que agora dará o salto a dispositivos móbil, confirmando que estes mesmo verán chegará á App Store, de xeito que os usuarios de iPad, iPhone e iPod Touch poderán gozar desde xogo no seu dispositivo, advertido de que o seu prezo estará á altura da calidade deste título (polo que non é de agardar que resulte económico).
Este xogo de Irrational Games foi un dos máis valorados en 2007, conseguindo unha puntuación de 96 sobre 100 en Metacritic, e para poder replicar esta aventura baixo a auga o xogo en primeira persoa contará non só con controis táctiles, senón que tamén soportará mandos externos.
Dende 2K aseguran que BioShock para iOS ofrecerá a experiencia completa deste xogo ambientado na cidade somerxida de Rapture, o que confirman dende algunhas publicacións como Eurogamer, que tiveron acceso ao xogo, comprobando que aínda que se reducira o nivel de detalle dos gráficos (e os seus efectos ambientais) o xogo orixinal parece estar completo.


Primeiro vistazo en vídeo á versión móbil de BioShock

PUBLICIDADE