Bionic Commando volve... ¡en alta definición!

xoves, 18 de outubro do 2007 Marcus Fernández

JPEG - 92.5 KB
O novo xogo presenta uns gráficos de impresión

En 1987 Capcom lanzara un videoxogo protagonizado por un personaxe cun brazo biónico extensible que lle permitía desprazarse por distintos niveis mentres eliminaba ós inimigos cos que ía topando e que tivo un éxito non só nos salóns recreativos, senón tamén nos fogares (grazas a conversións para os ordenadores e videoconsolas da época).

JPEG - 38.4 KB
Imaxe da vella entrega de Bionic Commando

Agora, 20 anos despois, Capcom resucita o seu Bionic Commando para as consolas Xbox 360 e PS3, así como para PC, de xeito que nos achegará un xogo cunha calidade gráfica abraiante que dista moito das súas orixes en equipos de 8 bits.
Neste novo xogo tomamos o papel de Nathan Spencer, un soldado da División Federal de Desenvolvemento Armamentístico Biónico traizoado polos seus superiores e acusado falsamente de crimes que non cometeu, e que pouco antes da súa execución se atopa con un ataque terrorista que destrúe Ascension City, de xeito que o noso heroe deberá moverse polas ruínas facendo uso da alta tecnoloxía á que ten acceso para derrotar ós malos e limpar o seu nome.
Os movementos e a acción deste xogo sorprenderán a máis de un, deixando aínda máis abraiados ós afeccionados ás súas anteriores aventuras, que atoparán un xogo esteticamente irreprochable que procurará aproveitar a calidade gráfica das novas consolas de videoxogos, como podemos ver no seu avance:

PUBLICIDADE