Bioshock 2 sairá o 9 de febreiro de 2010
venres, 18 de setembro do 2009
Bioshock foi un dos xogos máis importantes para PC e Xbox 360 en 2007 e hai poucos
meses tamén chegou á PlayStation 3. Agora que xa está consolidado coma xogo
multiplataforma só quedaba agardar á súa secuela, Bioshock 2,
que finalmente chegará
ás tendas o 9 de febreiro de 2010 segundo anunciou 2K Games.
AÃnda que pareza un pouco raro deixar pasar a tempada de Nadal para o
lanzamento do tÃtulo, no presente ano demostrouse que febreiro é un mes ideal
para fortes lanzamentos (coma Resident
Evil 5 ou Street Fighter IV) xa
que no último trimestre do ano acumúlanse excesivos tÃtulos nas tendas, que
compiten moi duro, de aà que normalmente sexa posible acadar unhas mellores
vendas de saÃr nun mes no que non hai tantas novidades de peso.
Bioshock 2 ofrecerá non só un excelente
modo de xogo fóra de liña (no que encarnaremos a un Big Daddy, o que de por si
resulta abraiante, dado que este tipo de personaxes eran os inimigos no xogo
orixinal), senón que tamén apostará polo multixogador, aÃnda que neste último
caso en vez de situarnos 10 anos despois dos acontecementos de Bioshock funcionará coma precuela
(deixando que os participantes controlen a personaxes elixidos para probar os
plásmidos de Sinclair Solutions).