Blades of Fury: xogo de loita 3D para o iPhone

mércores, 9 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os xogos para iPhone e iPod Touch son cada vez máis semellantes aos de consolas portátiles como a PSP, e Blades of Fury de Gameloft é un claro exemplo, pois estamos ante un xogo de loita en 3D no máis puro estilo de Soul Calibur, no que podemos elixir entre 10 personaxes con 20 tipos de ataques e combos cada un, 10 areas, distintas tácticas de loita, dous esquemas de control con iconas virtuais para tocar ou arrastrar, a posibilidade de acceder á biblioteca móbil do terminal para escoitar a nosa música favorita durante as partidas e incluso a posibilidade de enfrontarse a outros usuarios a través de Wi-Fi local ou Bluetooth.
Este impresionante xogo está xa á venda na App Store por 5,49 euros e para facernos unha idea do mesmo podemos ver o seguinte vídeo:

PUBLICIDADE