Blogojuegos publica unha Guía de Compras en formato PDF

mércores, 2 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A rede de bitácoras sobre videoxogos, Blogojuegos, rematou o ano facendo un repaso dos títulos editados en 2007 para que sirva coma ferramenta para as compras nos vindeiros meses nunha guía en formato PDF de 151 páxinas nas que se recollen un total de 70 críticas de xogos de tódalas plataformas actuais.
A Guía de Compras de Blogojuegos resulta especialmente útil nestas datas pola proximidade da noite de Reis, xa que os videoxogos son un agasallo cada vez máis popular (e a publicación permite fuxir dos títulos anunciados en televisión). A reseña de cada xogo inclúe unha ficha na que se detallan o xénero, a plataforma, o idioma, o desenvolvedor, o distribuidor, o prezo recomendado e a cualificación PEGI.

PUBLICIDADE